Maite Ferreiro presenta as actividades de animación á lectura e contacontos para o primeiro trimestre de 2022
O ciclo consta de 5 actividades para nenos e nenas, que terán lugar entre febreiro e abril no MIHL
As entradas para cada actividade poderán obterse no portal entradaslugo.es
Lugo, 13 de febreiro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos. "Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero", explicou Maite Ferreiro.
"Do mesmo xeito que na última edición, realizaremos as actividades nas instalacións do MIHL, para continuar a promocionar esta instalación e a súa singularidade", explicou a edil de Cultura, que engadiu "para asistir será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es". As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.
O ciclo conta cun total de cinco actividades, que se realizarán durante a ponte de decembro, entre o 24 de febreiro e o 7 de abril. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade.
Programación animación á lectura febreiro-abril 2022
Xoves, 24 de febreiro ás 18:30 horas
TRÉMOLA TEATRO
“Que animaliño é?”
Idades: de 1 a 3 anos
Duración: 30 minutos
Paula está moi contenta porque o seu pai regaloulle un xilófono. Para darlle as grazas, vai tocarlle unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír animais. Quen son?
Xoves, 3 de marzo ás 18:30 horas
MARISA IRIMIA
“O circulo máxico dos contos”
Idades: a partir de 3 anos
Duración: 45 minutos
O círculo máxico dos contos é un espazo íntimo e irreal onde os sentidos e a maxia das palabras cobran especial protagonismo, un espazo onde só teremos que deixarnos levar polas historias que aquí se van contar.
Xoves, 17 de marzo ás 18:30 horas
TALÍA TEATRO
“Rosa Caramelo e outras historias”
Idades: a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos.
Espectáculo que aborda dun xeito lúdico, valores como a igualdade de xénero e a tolerancia na convivencia, a través dos contos de Adela Turín: “Rosa Caramelo”, “A historia dos bonobos con lentes” ou “Artur e Clementina”.
Xoves, 31 de marzo ás 18:30 horas
RAQUEL QUEIZÁS
“Travesías”
Idades: a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Historias de viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade entre nenas e nenos.
Xoves, 7 de abril ás 18:30 horas
MAGO TETO
“A maxia dos contos”
Idades: a partir de 4 anos