RUBÉN ARROXO EXPLICOU QUE “NO ENTORNO URBANO NON SE PODEN FACER BATIDAS DE CAZA POLO CAL HAI QUE BUSCAR MÉTODOS ALTERNATIVOS EFECTIVOS”

Arroxo pediu “medidas efectivas” para o control do xabarín no entorno urbano

IMG_20180924_150506

Existen experiencias como na cidade francesa de Nimes, onde se instalan trampas e se chegaron a capturar 170 exemplares en menos dun ano

Arroxo pediu “medidas efectivas” para o control do xabarín no entorno urbano

Lugo, 11 de decembro de 2018. Rubén Arroxo propuxo a utilización de métodos para o control do xabarín como os que se están utilizando noutras cidades europeas. No caso da cidade francesa de Nimes, unha cidade similar a Lugo en tamaño e poboación, aplicouse no ano 2015 un sistema de trampeo para capturar os animais que se achegaban ao casco urbano. No caso de Nimes, dende xuño de 2015 ata marzo de 2016 foron capturados 170 xabaríns o que demostra a efectividade da medida. (https://www.midilibre.fr/2017/03/15/nimes-les-sangliers-s-invitent-en-ville,1479175.php )

Arroxo pediu “medidas efectivas” para o control do xabarín no entorno urbano e afirmou “non hai que inventar nada, unicamente seguir exemplos doutros lugares onde se está actuando con éxito”. Rubén Arroxo explicou que “no entorno urbano non se poden facer batidas de caza polo cal hai que buscar métodos alternativos efectivos”.

O BNG xa advertiu, no mes de setembro, que o goberno municipal debería estar atento ao incremento da presenza de xabaríns no zona urbana, por que pode chegar o momento no que se xenere algún problema serio. O voceiro do BNG sinalou que “os danos en zonas urbanas e periurbanas son moi frecuentes e a presenza de manadas destes animais son cada vez máis frecuentes”. ( http://lugocentro.bng.gal/articulo/novas/bng-propon-plan-vixilancia-da-expansion-do-xabarin-control-danos/20180924171914006832.html ).

Outra das medidas posibles sería a de sinalizar aquelas zonas onde é frecuente a presenza destes animais para evitar encontros con persoas como os que se dan habitualmente no paseo do Miño e do Rato. Moitas das zonas utilizadas para a práctica do deporte en Lugo son cada vez máis frecuentadas polas familias de xabaríns. Arroxo pediu que se instale ou se estude a instalación de sistema que disuadan aos animais de frecuentar certas zonas.

Sistemas para previr a invasión de estradas e vías de circulación. Arroxo sinalou que nalgunhas estradas xa se teñen instalado sistemas para evitar que os animais invadan a vía. “O concello ten que artellar medidas e pedir o apoio de outras administracións para anticiparse a un problema que vai ir a máis” apuntou Arroxo e pediu que se “avance” neste asunto antes de que xurdan problemas de importancia.

Arroxo pediu “medidas efectivas” para o control do xabarín no entorno urbano