“QUEN PROPÓN FACER UN COLEXIO SABE PERFECTAMENTE QUE NON É POSIBLE POR QUE O EDIFICIO NON CUMPLE AS CONDICIÓNS MÍNIMAS E UNICAMENTE SE BUSCA O PROTAGONISMO” DIXO ARROXO

Para o BNG “o debate sobre o uso do cuartel de S. Fernando é un absurdo que favorece a inacción do PP”

O BNG mantén que a ubicación idónea para un novo colexio dentro de murallas sería no terreo a carón do IES Xoan Montes

Para o BNG “o debate sobre o uso do cuartel de S. Fernando é un absurdo que favorece a inacción do PP”

Lugo, 7 de febreiro de 2018. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo lamentou que se reabra “de xeito esteril” o debate sobre o uso do edificio do cuartel de San Fernando. Para Rubén Arroxo “é negativo para Lugo abrir debates artificiais na búsqueda de protagonismo, por que ao único que beneficia é ao goberno de Feijoo que poderá seguir castigando a Lugo sen investimentos e amparado por esta presunta polémica”. Arroxo lembrou que xa existe, no concello de Lugo, un acordo plenario no que se manifestou a vontade maioritaria de que este edificio se convirta nun futuro no Museo Nacional da Romanización.

Arroxo explicou, ademais, que “na Comisión de Infraestruturas do pasado 18 de maio, celebrada no concello de Lugo e na que estabamos representantes de todos os grupos políticos, deuse conta dun informe técnico no que se explicaban as razóns que invalidaban a este edificio para a creación dun centro escolar” e sinalou que no informe sinalábase que ...as condicións xerais do inmoble sinalan a este non é apto para un colexio, podendo citar, entre outras, a falta de luz natural e insuficiente superficie para o pavillón deportivo....

Para o BNG “edificios históricos como o cuartel de San Fernando teñen que contribuír, coa súa posta en valor, a completar o conxunto histórico artístico da cidade para convertela nun polo de atracción turística sostible e está claro que Lugo precisa dun espazo que sirva para recoller o pasado romano da cidade”. “As características de San Fernando non se adaptan as que precisa un centro educativo do século XXI pero si é un edificio acaído para outros usos de caracter cultural” afirmou Arroxo.

O espazo a carón do IES Xoan Montes é o acaído para un futuro colexio no centro

O voceiro do BNG afirmou que “o centro da cidade conta cun espazo excepcional para a instalación dun novo colexio dentro do recinto amurallado e estaría situado a carón do IES Xoan Montes”. Arroxo explicou que o espazo a carón do Xoan Montes permitiría a construción dun novo centro educativo que cumprise coas normativas preceptivas e ademais podería compartir o espazo de lecer co instituto. “Crearíase unha zona escolar dentro de murallas ao agrupar os dous centro educativos dun mesmo recinto” concluíu Arroxo.