FERREIRO PRESENTOU A ACTIVIDADE XUNTO COA SOPRANO ALMA SENLLE E OS INSTRUMENTISTAS XOSÉ MARÍA GRANDÍO E TXUSO JUARISTI
Maite Ferreiro presenta o concerto mihlnovum música antiga
A actividade terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00
Ferreiro presentou a actividade xunto coa soprano Alma Senlle e os instrumentistas Xosé María Grandío e Txuso Juaristi
Lugo, 02 de abril de 2024. A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o concerto de música antiga "mihlnovum" que terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril. Ferreiro afirmou que "seguimos ampliando a programación cultural de Lugo con distintas propostas de calidade para que toda a veciñanza atope algo do seu gusto na extensa axenda cultural de Lugo".
O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00 no Vello Cárcere e contará coa soprano Alma Senlle, Xosé María Grandío a cargo das violas medievais, órgano portativo e coros e Txuso Juaristi nas guitarras e laúdes.