CO INICIO DA CONSTRUCIÓN DA NOVA ESTACIÓN PECHÁRONSE 150 PRAZAS DE ESTACIONAMENTO GRATUÍTO NA PRAZA CONDE DE FONTAO
O BNG solicita á Xunta que abra o aparcadoiro do edificio administrativo "para paliar a perda de prazas de estacionamento na contorna da estación do tren"
Co inicio da construción da nova estación pecháronse 150 prazas de estacionamento gratuíto na praza Conde de Fontao
Rubén Arroxo: "Solicitamos á Xunta aglutinar prazas deste aparcadoiro estén abertas en horario de tarde, cando menos afecte á xornada habitual do persoal do edificio"
Lugo, 23 de abril de 2024. O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo reclamou á Xunta de Galiza que abra o aparcadoiro do edificio administrativo da rolda da muralla ao público para, segundo declarou Rubén Arroxo "atallar a falta de prazas de estacionamento producido polo peche do aparcadoiro gratuíto da estación". Arroxo anunciou que o BNG enviará unha carta ao Delegado da Xunta en Lugo unha vez sexa nomeado, solicitando que esta instalación se abra "en horario de tarde, cando menos afecta á xornada habitual do persoal da Xunta de Galiza".
Rubén Arroxo destacou que "a Xunta de Galiza pode colaborar para reducir as molestias que produce unha obra como a renovación da estación do tren poñendo a disposición da veciñanza unha alternativa de estacionamento gratuíto", e afirmou que "a medida sería similar á xa posta en marcha polo Concello de Lugo no aparcadoiro do Seminario Menor, garantindo un número de prazas para o persoal, mais adicando o maior número posible ao estacionamento para toda a veciñanza"
Arroxo afirmou que o estacionamento da praza Conde de Fontao "é un dos estacionamentos gratuítos da cidade con maior demanda", e destacou que "a apertura deste estacionamento supuxo unha mellora importante tanto para as veciñas e veciños como para as persoas que traballan na zona".