A AGRUPACIÓN CONTARÁ CO ACOMPAÑAMENTO DE ELENA RODRÍGUEZ AO PIANO, ALDARA PALMEIRO AO VIOLÍN E MARÍA PICHÍN NA DANZA

O cuarteto Son de Corda presenta no Vello Cárcere o seu novo proxecto "Concerto Cartas Alén. Compromiso e coraxe"


A agrupación contará co acompañamento de Elena Rodríguez ao piano, Aldara Palmeiro ao violín e María Pichín na danza


O concerto terá lugar o vindeiro sábado 27 de abril a partir das 20:00 no Vello Cárcere

O cuarteto Son de Corda presenta no Vello Cárcere o seu novo proxecto "Concerto Cartas Alén. Compromiso e coraxe"



Lugo, 24 de abril de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co cuarteto Son de Corda o concerto do seu novo proxecto Concerto Cartas Alén. Compromiso e coraxe, que terá lugar no Vello Cárcere este sábado, 27 de abril a partir das 20:00. Maite Ferreiro afirmou que "seguimos ampliando a programación cultural de Lugo con distintas propostas de calidade para que toda a veciñanza atope algo do seu gusto na extensa axenda cultural de Lugo".

O cuarteto Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto),  Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), e ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental, ben sexa dun instrumento acompañante ou dunha agrupación. O piar básico do cuarteto é o de ter un amplo repertorio lusófono (galego, portugués, brasileiro), para o que manteñen contacto con compositoras/es e arranxistas, para "actualizar" a nosa música medieval, tradicional e de autor/a. Tamén utilizan os instrumentos históricos do País, órganos e reproducións dos instrumentos dos pórticos das catedrais galegas, para a difusión da música feita para eses instrumentos.

O cuarteto Son de Corda presenta no Vello Cárcere o seu novo proxecto "Concerto Cartas Alén. Compromiso e coraxe"