O BNG denuncia o peche da única oficina bancaria de Samos

Chus López, portavoz muncipal do BNG en Samos

Considera que a decisión do Banco Santander é unha mostra máis do desmantelamento de servizos no rural

O BNG denuncia o peche da única oficina bancaria de Samos

Samos, 2 de xuño de 2021.- O Bloque Nacionalsita Galego en Samos lamenta o recente peche da oficina do Banco Santander e denuncia o grave prexuízo que supón para a veciñanza do concello, que queda sen ningunha entidade bancaria e terán que desprazarse para facer xestións a outros municipios.

A formación nacionalista considera que esta decisión da empresa é unha mostra máis do abandono e desmantelamento do medio rural e que deixa completamente desatendidos a veciños e comerciantes do concello. Ademáis, o BNG local reaproba a forma de xestionar o peche que tivo a entidade de Ana Botín, que nin sequera avisou aos clientes e só se limitou a poñer un cartel na porta anunciando o seu traslado a Sarria.

Por todo isto, a voceira muncipal do BNG en Samos, Chus López, pedirá no seguinte pleno que se eleve unha queixa formal á Consellería de Economía e ao Instituto Galego de Consumo e da Competencia para defender os intereses da veciñanza para frear esta decisión do Banco Santander.

O BNG denuncia o peche da única oficina bancaria de Samos