ARROXO “LEMBROU O GOBERNO MUNICIPAL ANUNCIARÁ UN CONVENIO CON OVICA PARA XESTIONAR ESTE ESPAZO PERO NUNCA CHEGARON A POÑELO EN MARCHA”

BNG denuncia un vertido de pneumáticos, escombros e lixo en Teixeiro

Para o BNG este un exemplo deste goberno de “anunciar ocorrencias e non facer nada” mentres “os espazos se deterioran”

BNG denuncia un vertido de pneumáticos, escombros e lixo en Teixeiro

Lugo, 29 de marzo de 2019. Rubén Arroxo lembrou que en xuño de 2018 se anunciou un investimento de 25.000 euros para que a Asociación OVICA, que nestes días cumpre 25 anos de vida, xestionara o espazo do antigo vertedoiro en Teixeiro. O proxecto consistía na introdución dun rabaño de ovellas e cabras neste terreo de 20 hectáreas, segundo anunciaba o concelleiro responsable. Para o BNG este un exemplo deste goberno de “anunciar ocorrencias e non facer nada” mentres “os espazos se deterioran”.

O BNG denunciou vertidos incontrolados de pneumáticos, escombros e lixo en Teixeiro, no lugar para o que se anunciaba este proxecto innovador. Teixeiro foi durante moitos anos lugar de esparcemento para os lucenses, pero pola falta de proxecto do goberno municipal estes espazos están cada vez máis deteriorados. Rubén Arroxo sinalou que “existen moitas posiblidades de uso e xestión para lugares como este, o que non pode ser é que se mire para outro lado mentres o lixo se acumule e non se faga nada”.

Arroxo sinalou, tamén, que no ano 2017 investíronse 6.000 euros en acondicionar os terreos, e xa se avanzaba a xestión para introcucir rebaños de ovino-cabrún que fixesen un desbroce natural dos terreos “pero como tantas cousas neste concello todo quedou en papel mollado e o lixo segue invandido este entorno natural”.