O ciclo Lugo En Danza continúa no mes de marzo con novas actividades

Un obradoiro de danza contemporánea terá lugar durante a mañá do día 7

A partir das 20 horas, o MIHL acollerá a mostra de tres pezas curtas de artistas con recoñecemento estatal e internacional

O ciclo Lugo En Danza continúa no mes de marzo con novas actividades

Lugo, 06 de marzo de 2020. Durante o mes de marzo, o ciclo Lugo En Danza continúa con novas actividades realizadas por compañías con recoñecemento estatal e internacional. A xornada comezará na mañá do 7 de marzo, cun obradoiro de danza contemporánea con Beatriz del Monte dirixido a persoas con nocións de movemento ou artes escénicas. Terá Lugar no Centro Social Maruxa Mallo de 11 a 13 horas.

Pola tarde, o MIHL acollerá a partir das 20 horas a mostra de tres pezas curtas de danza contemporánea e experimental. Comezará con ON, de Alba Fernández Cotelo, unha peza prevista para unha soa bailarina, que é resultado da investigación na linguaxe do movemento realizada pola autora. Seguidamente terá lugar EM.NA, do colectivo Glovo, que definen como “unha mostra de vibración, movemento, harmonía e ritmo”. Por último, Beatriz del Monte mostrará UN HUEVO Y CUATRO SARDINAS, “unha homenaxe ás nosas bisavoas, que un día foron nais, e ás avoas que viviron esta historia como fillas”.

Ciclo LED

LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de se pretende ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento. O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio