O CONTRATO, QUE SAIRÁ POR UN PREZO BASE DE 21.981€, TERÁ UNHA DURACIÓN DE UN ANO, PRORROGABLE OUTRO ANO

A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento dos sistemas de extinción de incendios nos edificios municipais

Alexandre Penas: “todo isto é posíbel grazas ao traballo que está a realizar o persoal do concello desde as súas casas”
A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento dos sistemas de extinción de incendios nos edificios municipais
Lugo, 23 de marzo de 2020. Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas estase a ultimar o prego para o servizo de mantemento dos sistema de extinción de incendios dos edificios municipais. Segundo explicou Alexandre Penas, “con este novo contrato levarase un maior control do mantemento obrigatorio dos equipamentos, e adecuarase a sinalización á normativa vixente”..

Segundo Alexandre Penas, “o contrato sairá a concurso cun orzamento de 21.981€ e unha duración de un ano prorrogable un segundo”. Alexandre Penas explicou que “ademais do mantemento, incluímos tamén a revisión trimestral obrigatoria dos extintores”. Alexandre Penas destacou que “todo isto faise posíbel grazas ao traballo que está a realizar o persoal do concello de Lugo durante estes días desde as súas casas”

“Desde a concellería de Infraestruturas traballamos en gañar calidade nos servizos ao mesmo tempo que aforramos cartos á veciñanza”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “este novo contrato súmase ao mantemento dos ascensores e caldeiras, que nos permiten aforrar nos distintos servizos”.