Daniel Castro reúnese con colectivos culturais de Lugo

“As políticas culturais que propón o BNG son para que o tecido asociativo, a industria cultural e artistas poidan desenvolver a súa actividade”, explicou Daniel Castro

Daniel Castro: “un grupo galego forte no Congreso traballará para que o goberno do estado apoie o tecido cultural popular e tradicional de Galiza”

Daniel Castro reúnese con colectivos culturais de Lugo

Lugo, 03 de xullo de 2023. O cabeza de lista do BNG ao Congreso, Daniel Castro, mantivo unha xuntanza con colectivos culturais de Lugo, onde trasladou as propostas do BNG de cara ás eleccións xerais do vindeiro 23 de xullo. O candidato do BNG afirmou que o BNG defende unha política cultural “que apoie o tecido asociativo, a industria cultural e ás artistas para que poidan desenvolver a súa actividade”, e engadiu “un grupo galego forte no Congreso traballará para que o Goberno do estado apoie o tecido cultural popular e tradicional de Galiza”.

O BNG considera a cultura un ben de primeira necesidade, “polo que defendemos reducir o IVE para os bens de carácter cultural, pasando a tributar no tramo superreducido”, explicou Daniel Castro, que engadiu “desde o Congreso traballaremos para asegurar a presenza da creación cultural galega nos medios de comunicación públicos dependentes do estado, medios que as galegas e galegos contribuímos a financiar”.

O BNG defenderá tamén o cofinanciamento do estado para as principais institucións culturais galegas, “do mesmo xeito que as galegas e galegos colaboramos na financiación das entidades estatais”, explicou Daniel Castro.

O candidato do BNG afirmou que “na Galiza contamos cun sector cultural forte, que representa o 2% do PIB do país”. Para Daniel Castro, “o investimento na cultura é positivo para a economía galega e para a sociedade”.

Daniel Castro reúnese con colectivos culturais de Lugo