O Goberno de Lugo renovará o muro de Frei Plácido Rei Lemos

No 2023 o Goberno de Lugo continuará a realizar importantes investimentos na zona de Recatelo, entre os que se incluirá a renovación deste muro

Esta mañá comezaron a realizarse os primeiros traballos na zona afectada

O Goberno de Lugo renovará o muro de Frei Plácido Rei Lemos

Lugo, 01 de decembro de 2022. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, visitou esta mañá o muro da rúa Frai Plácido Rei Lemos, onde se comezaron a executar os traballos de renovación do mesmo. Arroxo explicou que “os servizos técnicos do Concello de Lugo levan máis de 15 anos revisando o desgaste deste muro, e decidiron que era preciso actuar agora e comezar a traballar na renovación da estrutura antes de que continúe a deteriorarse”.

Os traballos que se están a realizar no muro de Frei Plácido Rei lemos consisten no apuntalamento do mesmo, o que permitirá realizar catas para coñecer máis polo miúdo o desgaste da estrutura, o que permitirá que durante o 2023 se realice a renovación integral do muro, partida que se incluirá nos orzamentos.

Arroxo anunciou que de cara ao 2023, o Goberno de Lugo seguirá avanzando na renovación integral do barrio de Recatelo, “nestes anos traballamos para converter Recatelo nunha zona importante da cidade, creando unha área peonil que comunica o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza”, explicou Rubén Arroxo, que anunciou que os orzamentos do vindeiro ano incluirán partidas para “rematar a segunda fase da peonalización na rúa Isaac Díaz Prdo e renovar o Carril dos Loureiros, tal e como se acordou coa veciñanza do barrio”.

O Goberno de Lugo renovará o muro de Frei Plácido Rei Lemos