O VOCEIRO DO BNG-AA CONTESTOU AO ACTUAL PORTAVOZ DO PARTIDO POPULAR E PEDIULLE “PROPOSTA SERIAS PARA LUGO E RESPECTO PARA O BNG” DESPOIS DAS SÚAS DECLARACIÓNS

“O portavoz interino do PP fai do insulto o seu argumento e da xura da bandeira a súa proposta” afirmou Arroxo

Para o BNG “resulta lamentable que a única proposta que ten o Partido Popular para Lugo sexa facer unha xura de bandeira”

“O portavoz interino do PP fai do insulto o seu argumento e da xura da bandeira a súa proposta” afirmou Arroxo

Lugo, 10 de xaneiro 2018. A voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, saíu ao paso das declaracións “reiteradas” do actual portavoz municipal dos populares e afirmou que “o portavoz interino do PP fai do insulto o seu argumento, e da xura da bandeira a súa proposta única para Lugo”. Arroxo lembrou que, a respecto da moción de censura, “a proposta do BNG foi a única clara, verdadeira, e cun proxecto e un candidato enriba da mesa” e engadiu “descoñecemos os problemas internos do partido popular e entendemos o nerviosismo do actual portavoz pero non é de recibo que descargue as súas frustracións en forma de insultos contra o resto de forzas que representantes que fomos elixidos democraticamente”.

Rubén Arroxo pediulle ao voceiro do Partido Popular que comence a traballar por Lugo e que respecte aos resto de forzas políticas que teñen representación na corporación. Arroxo lembrou que, nestes últimos tempos, a única proposta do PP para Lugo foi a de facer unha xura de bandeira. Arroxo lembrou que unicamente o BNG está facendo propostas serias para acabar coa parálise na que está o concello de Lugo. “Temos un proxecto para Lugo e sabemos como levalo adiante, igual que en Pontevedra, Allariz, Ribadeo, Rianxo ou outros moitos concellos nos que goberna o BNG” concluíu Arroxo.