Remata a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde

Rubén Arroxo: “habilitouse unha capa de rodadura formada por formigón impreso, que garantirá a accesibilidade peonil”

O adoquín que estaba instalado anteriormente será reutilizado pola Brigada de Obras, “para futuras reparacións na cidade”

Remata a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde

Lugo, 07 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou do remate da renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde. Arroxo explicou que “renovamos unha zona peonil que contaba cun adoquín moi desgastado, garantindo con esta intervención a accesibilidade das persoas que transitan por esta rúa”.

Arroxo explicou que a intervención consistiu en substituír o antigo adoquín por formigón impreso, “mantendo a estética da contorna cun pavimento que non sufrirá tanto desgaste”, e anunciou que o antigo adoquín que se atope en bo estado será reutilizado pola Brigada Municipal de Vías e Obras “para realizar reparacións na cidade”.

Xunto coa renovación do pavimento, a Tenencia de Alcaldía renovou unha canalización de alumeado público e as rexas situadas ao pé das escaleiras.

 
Remata a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde