Representantes do BNG visitan a Plataforma Industrial da Madeira Estrutural e a EPS da USC

Na visita participaron o portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a deputada provincial Mónica Freire

O grupo de parlamentarios, formado por Luís Bará, María Albert e Alexandra Fernández, visitaron as instalacións da USC e reuníronse coas responsábeis do proxecto

Representantes do BNG visitan a Plataforma Industrial da Madeira Estrutural e a EPS da USC

Lugo, 06 de xullo de 2022. As parlamentarias do BNG María Albert, Alexandra Fernández e Luís Bará achegáronse a Lugo para visitar as instalacións da Plataforma Industrial da Madeira Estrutural da USC e coñecer de primeira man as actividades que se realizan nas mesmas. As parlamentarias do BNG estiveron acompañadas polo portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e pola deputada provincial Mónica Freire.

Na visita, as representantes do BNG coñeceron de primeira man os proxectos que desenvolve esta plataforma tecnolóxica do Campus de Lugo, aposta pola madeira como o único material de construcción capaz de ofertar solucións e melloras ao proceso de cambio climático ao que se enfrenta a sociedade.

A delegación do BNG mantivo unha xuntanza coa directiva do proxecto e da EPS, ademais de visitar as instalacións e os proxectos que este grupo ten en marcha

PEMADE

Fundada no ano 2008 e integrada como plataforma tecnolóxica na Universidade de Santiago de Compostela PEMADE ofrece servizo á sociedade e apoio docente nos aspectos do coñecemento relacionados coa enxeñería da madeira con fins estruturais. As actividades céntranse no estudo e uso eficiente da madeira, aproveitando as súas capacidades para ofrecer solucións estruturais respectuosas co medio ambiente.

Representantes do BNG visitan a Plataforma Industrial da Madeira Estrutural e a EPS da USC