"DESDE A ÁREA DE CULTURA DO CONCELLO MANTEMOS UN ANO MÁIS O APOIO A TODO TIPO DE ARTES ESCÉNICAS, APOIANDO A ÚNICA PROGRAMACIÓN ESTABLE DE MÚSICA CLÁSICA DE LUGO", AFIRMOU MAITE FERREIRO

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Maite Ferreiro

Celebraranse 13 concertos entre o 20 de outubro de 2023 e o 15 de maio de 2024

A presentación contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, xunto  con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

 

Lugo, 27 de setembro de 2023.  Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. A nova tempada contará en total con 13 concertos que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 20 de outubro e o 15 de maio de 2024.

Maite Ferreiro lembrou que "desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional" e engadiu "o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo".

A programación desta tempada conta con 13 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

 
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo