A Brigada de Obras da Concellería de Infraestruturas acondiciona a entrada do colexio de Paradai
Alexandre Penas destacou que esta Brigada " permite realizar actuacións de baixo custo que melloran o día a día das veciñas e veciños"
Durante o 2021, a Brigada de Obras realizou en total 680 actuacións distribuídas por todas as rúas da cidade
Lugo, 18 de xaneiro de 2022. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que a Brigada Municipal de Obras está a realizar estes días unha nova intervención na entrada do colexio de Paradai. “Trátase dunha actuación moi simple que atendemos desde a brigada de obras para mellorar a accesibilidade deste centro, tendo en conta as solicitudes da veciñanza da zona”, explicou Alexandre Penas. O edil de Infraestruturas visitou a zona xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas
A brigada municipal de vías e obras atendeu durante o ano 2021 un total de 680 reclamacións veciñais. Alexandre Penas destacou que "as reclamacións atendidas proceden na súa maior parte de solicitudes da veciñanza, reparacións pequenas que melloran o día a día das veciñas e veciños de Lugo".
"Esta brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", explicou o concelleiro de Infraestruturas. Alexandre Penas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", explicou o concelleiro, que engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".