O BNG presenta a candidatura en Monterroso para as municipais de 2023

Brais Vázquez, candidato do BNG á alcaldía de Monterroso “É o momento de darlle a Monterroso un novo impulso, as persoas que conformamos a candidatura do BNG estamos preparadas para encarar un proxecto que ilusione

 

Un total de 12 persoas que conforman a candidatura para abrir un tempo novo en Monterroso cun obxectivo “sumar co BNG para dar pasos adiante e poñer as mellores ideas para avanzar a favor dos intereses das veciñas e veciños”

O BNG presenta a candidatura en Monterroso para as municipais de 2023

Monterroso, 11 de marzo de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso presentou nun acto público a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

No acto contou coas intervencións da deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodile o candidato do BNG á alcaldía de Monterroso, Brais Vázquez Lamazares, o que afirmou “é o momento de darlle a Monterroso un novo impulso, as persoas que conformamos a candidatura do BNG estamos preparadas para encarar un proxecto que ilusione”.

Brais Vázquez deu conta das 12 persoas que forman a candidatura, a cal subliñou como “un grupo de persoas que teñen demostrada a súa valía e que teñen un obxectivo claro, sumar co BNG para dar pasos adiante e poñer as mellores ideas para avanzar a favor dos intereses das veciñas e veciños”

A candidatura do BNG é, en palabras de Brais Vázquez “un equipo preparado para gobernar, con entusiasmo, capacidade e rigor para facer de Monterroso a referencia”. Neste sentido, o candidato sinalou que os eixos do BNG e as persoas que conforman teñen o convencimento de que “a boa xestión baséase no traballo rigoroso, a transparencia e a participación veciñal”

Por outra banda, Olalla Rodil destacou que o BNG esta preparado para dar un salto adiante e mellorar Monterroso “o vindeiro 28 de maio, os veciños e as veciñas de Monterroso teñen a oportunidade de apostar polo proxecto de futuro que ofrece o BNG da man de Brais Vázquez e o seu equipo” e recalcou “o BNG é a única alternativa política rigorosa e capaz de desenvolver un traballo positivo con propostas, alternativas e solucións ao desleixo actual deste concello”

O BNG presenta a candidatura en Monterroso para as municipais de 2023