Aprobada no pleno municipal de Monterroso a moción presentada polo BNG contra a instalación de Altri
Brais Vázquez: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na nosa comarca"
Brais Vázquez: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na nosa comarca"
Olalla Rodil interviu no acto xunto cunha representante de Adega, Ana Fernández, especialista no ciclo da auga e Brais Vázquez concelleiro do BNG en Monterroso
A deputada do BNG animou á veciñanza "a presentar alegacións ao proxecto mentres continúe o prazo aberto para manifestar o seu rexeitamento a este proxecto"
Brais Vázquez: "No pleno de febreiro o equipo de goberno non introduciu na orde do día unha moción sobre igualdade, non é un feito illado, é algo que se repite pleno tras pleno"
Brais Vázquez: "Pedimos a municipalización do servizo de axuda no fogar porque cremos que é a formula para garantir un servizo de calidade tanto para usuarios como para traballadores"
Brais Vázquez: "Renunciamos ao uso dun local para o noso grupo municipal para preservar o traballo do movemento asociativo de Monterroso"
Brais Vázquez "non se pode permitir a perda da axuda dos fondos da Unión Europea en materia de accesibilidade que xestiona a Xunta de Galicia desde a Consellería de Política Social"
Brais Vázquez "Monterroso recibirá 0€ dunhas axudas moi necesarias para a mellora do seu parque empresarial"
Até a localidade da Ulloa achegouse a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, que aconpañou ao Concelleiro , Brais Vázquez e a militantes e simpatizantes da organización da localidade
O PP e o PSOE negaron esa posibilidade co seu voto en contra
O concelleiro Brais Vázquez advirte que unha vez máis PP e PSOE votan xuntos e con isto o que fan " é gobernar de costas á veciñanza" e reclama que "escoitar á veciñanza, que son as persoas para as que se goberna, debería ser unha obriga "
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez