O CONCELLEIRO BRAIS VÁZQUEZ ADVIRTE QUE UNHA VEZ MÁIS PP E PSOE VOTAN XUNTOS E CON ISTO O QUE FAN " É GOBERNAR DE COSTAS Á VECIÑANZA" E RECLAMA QUE "ESCOITAR Á VECIÑANZA, QUE SON AS PERSOAS PARA AS QUE SE GOBERNA, DEBERÍA SER UNHA OBRIGA "

O BNG de Monterroso propuxo no pleno de Outubro elaborar un Regulamento de Participación Cidadá

O PP e o PSOE negaron esa posibilidade co seu voto en contra


O concelleiro Brais Vázquez advirte que unha vez máis PP e PSOE votan xuntos e con isto o que fan " é gobernar de costas á veciñanza" e reclama que "escoitar á veciñanza, que son as persoas para as que se goberna, debería ser unha obriga "

O BNG de Monterroso propuxo no pleno de Outubro elaborar un Regulamento de Participación Cidadá

 

 

 

Monterroso , 27 de outubro 2023.- A mellora da participación cidadá no Concello. é unha das cuestións que o Bloque Nacionalista Galego abordou no Pleno do mes de Outubro. O concelleiro Brais Vázquez demandou un novo Regulamento de Participación Cidadá

"O dereito da persoa a intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local, o acceso á información e a participación cidadá, constitúen parte inseparable da sociedade democrática. A participación veciñal é necesaria para o funcionamento democrático, sendo tamén a clave para a resolución correcta de múltiples problemas municipais e favorece a participación activa de todas as persoas na vida do seu pobo, parroquia ou aldea." explican na moción.

Vázquez recalcou que non se pode gobernar "de costas á veciñanza" e apostou por lograr que "escoitar á veciñanza, que son as persoas para as que se goberna, debería ser unha obriga de todo Goberno". Para iso, na moción nacionalista proponse que se elabore un novo Regulamento de Participación Cidadá. Ese novo instrumento permitiría establecer as formas, medios e procedementos de información e participación dos veciños e entidades, facilitar a máis ampla información sobre as súas actividades, obras e servizos e, en xeral, sobre a xestión municipal, fomentar a participación cidadá na xestión municipal, na vida pública e na toma de decisión, fomentar o asociacionismo cidadá, e fomentar a participación cidadá nos orzamentos municipais anuais.

Unha vez máis o PP e o PSOE de Monterroso votan xuntos, en contra de escoitar á poboación monterrosina. "PP e PSOE eran partidarios de participación cidadá antes das eleccións. O problema é que esa participación só lles interesa cada catro anos" declarou o nacionalista. O BNG de Monterroso iniciou este proceso e vai continuar con el. Non debemos esquecer que "se estamos como concelleiros é porque a veciñanza de Monterroso confiou en nós e dende o BNG sempre loitaremos para que sexa esa a voz que se oía nos plenos" Concluíu o concelleiro

 

O BNG de Monterroso propuxo no pleno de Outubro elaborar un Regulamento de Participación Cidadá