BRAIS VÁZQUEZ: "NO PLENO DE FEBREIRO O EQUIPO DE GOBERNO NON INTRODUCIU NA ORDE DO DÍA UNHA MOCIÓN SOBRE IGUALDADE, NON É UN FEITO ILLADO, É ALGO QUE SE REPITE PLENO TRAS PLENO"

O BNG DE MONTERROSO DENUNCIA QUE O GOBERNO MUNICIPAL NON TRAMITA AS SÚAS PROPOSTAS PARA SER DEBATIDAS E VOTADAS NO PLENO MUNICIPAL

Brais Vázquez: "No pleno de febreiro o equipo de goberno non introduciu na orde do día unha moción sobre igualdade, non é un feito illado, é algo que se repite pleno tras pleno"

O BNG DE MONTERROSO DENUNCIA QUE O GOBERNO MUNICIPAL NON TRAMITA AS SÚAS PROPOSTAS PARA SER DEBATIDAS E VOTADAS NO PLENO MUNICIPAL

 

Monterroso, 27 de febreiro 2024. O BNG de Monterroso denuncia que no pleno mensual de Febreiro que se celebra o vindeiro xoves 29,o equipo de goberno non introduciou na orde do día a proposición do grupo nacionalista sobre a creación dun Plan de Igualdade.

"Non é un feito illado, xa que propostas sobre o Plan Único e sobre a creación dunha ordenanza para regular as Feiras, presentadas en plenos anteriores, tampouco foron aceptadas" denuncia o concelleiro nacionalista, algo que ten dudoso amparo democrático.

O grupo municipal do BNG vese obrigado a usar os asuntos de urxencia grazas ó apoio da oposición e a valora buscar outros órganos como a Xunta de Portavoces ou acudir á Valedora do Pobo., "pois non se nos deixa facer o noso traballo de preentar proposicións para mellorar a vida da veciñanza de Monterroso" expón Brais.

Criticamos que o grupo de goberno censure as propostas dos outros grupos cando eles mesmos son incapaces de levar ninguna proposta ó pleno, salvo recoñecementos de crédito e modificacións de ordenanzas.

"Gobernan a base de decretos, sen consenso e sen propostas de ningún tipo. Aínda encima evitan que os demáis poidamos presentar as nosas" conclúe o concelleiro.

O BNG DE MONTERROSO DENUNCIA QUE O GOBERNO MUNICIPAL NON TRAMITA AS SÚAS PROPOSTAS PARA SER DEBATIDAS E VOTADAS NO PLENO MUNICIPAL