FERREIRO: "TODAS AS PERSOAS QUE SE ANOTEN PODERÁN APRENDER DE XEITO GRATUÍTO A PARTICIPAR NUN GRUPO DE BATUCADA"

Maite Ferreiro presenta o curso "Explorando o mundo da percusión", organizado pola Tambukda en colaboración coa área de Cultura

Ferreiro: "Todas as persoas que se anoten poderán aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada"

As clases daranse todos os xoves entre as 20 e as 21 horas nas instalacións de Tambukda da Estación de Autobuses, entre o 7 de marzo e o 2 de maio

Maite Ferreiro presenta o curso "Explorando o mundo da percusión", organizado pola Tambukda en colaboración coa área de Cultura

 

Lugo, 28 de febreiro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes do grupo Tambukda o curso "explorando o mundo da percusión" co que colabora a área de Cultura e que permitirá a todas as persoas que o desexen "aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada". Ferreiro destacou que "trátase dunha formación de iniciación que permitirá coñecer as bases da batucada, facilitando o achegamento desta forma de expresión artística".

O curso celebrarase nas noites dos xoves, entre as 20 e as 21 horas, dende o 7 de marzo ata o 2 de maio nas instalacións de Tambukda na Estación de Autobuses. As persoas interesadas poderanse anotar contactando co grupo por teléfono no 692 200 764 ou no correo electrónico [email protected].

Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se poede entrar sen tener coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións.

Maite Ferreiro presenta o curso "Explorando o mundo da percusión", organizado pola Tambukda en colaboración coa área de Cultura