FERREIRO: "TRÁTASE DA PRIMEIRA EXPOSICIÓN EN TODO O ESTADO DIRIXIDA AO MUNDO DO CINE E A MODA; COMBINANDO CULTURA, HISTORIA E DIVERSIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS"

Maite Ferreiro anuncia a nova exposición 'Barbie: Cine e moda', que achegará ao MIHL unha gran colección da boneca máis famosa do mundo

A mostra está formada por máis de 180 Barbies de coleccionista, todas elas edicións limitadas e únicas no mundo

 

Ferreiro: "Trátase da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando cultura, historia e diversión para todos os públicos"

Maite Ferreiro anuncia a nova exposición 'Barbie: Cine e moda', que achegará ao MIHL unha gran colección da boneca máis famosa do mundo

Lugo, 03 de marzo de 2024. A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou a nova exposición que acollerá o MIHL nas vindeiras semanas. 'Barbie: Cine e moda' reunirá nas instalacións do museo máis de 180 edicións limitadas da boneca máis recoñecida no mundo, "nalgúns casos de 25.000 exemplares e noutros de tan só 999 en todo o planeta", destacou a concelleira.

Maite Ferreiro explicou que se trata "da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando cultura, historia e diversión para todos os públicos". O público asistente poderá observar a evolución da boneca Barbie no tempo, con todas as edicións documentadas e datadas, expostas en urnas de metacrilato e acompañadas de máis de 40 carteis de películas que completarán o espazo.

Na exposición, insistiu a concelleira, destaca a vestimenta e as roupas das bonecas. Desde a súa creación Barbie foi vestida polos grandes deseñadores e deseñadoras de moda de todos os tempos: Armani, Versace, Pertegaz, Óscar de la Renta, Christian Dior e moitas máis. "Algúns dos seus modelos podemos velos nesta exposición que conta, ademais, cun deseño realizado por Lorenzo Caprile en exclusiva para 'Barbie: Cine e moda', explicou Maite Ferreiro.

A vestimenta de Barbie, destacou Ferreiro, "evolucionou ao longo dos anos reflectindo os cambios culturais e sociais dende o seu comezo nos anos 50, con vestimentas máis tradicionais, ata deseños contemporáneos, o que converteu á boneca en indicador visual das tendencias e valores de cada época". A partir dos modelos, poderemos observar a evolución histórica e creativa da boneca Barbie, comezando por roupas do Antigo Exipto, Grecia ou a Idade Media, pasando polo Renacemento e ou a época Victoriana, e chegando aos comezos do noso século ata os nosos días.

Maite Ferreiro insistiu en que "a introducción de diferentes estilos, cores e patróns crea unha maior conciencia da diversidade na moda e na sociedade en xeral". Así, a evolución da vestimenta de Barbie "non só persigue as tendencias da moda, senón que tamén reflicte cambios máis amplos na percepción da beleza e a identidade", concluíu a concelleira.

Maite Ferreiro anuncia a nova exposición 'Barbie: Cine e moda', que achegará ao MIHL unha gran colección da boneca máis famosa do mundo