AS CATRO DEPUTADAS ELECTAS DO BNG POLA PROVINCIA DE LUGO PARTICIPARON NUN ALMORZO INFORMATIVO EN RIBADEO CON MEDIOS DE COMUNICACIÓN, ONDE FIXERON UNHA VALORACIÓN DOS RESULTADOS

Daniel Castro: "As eleccións do 18 de febreiro demostraron que o BNG non ten teito, traballaremos desde unha oposición firme e constructiva, facendo propostas en positivo para mellorar a vida das galegas e galegos"

As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo participaron nun almorzo informativo en Ribadeo con medios de comunicación, onde fixeron unha valoración dos resultados

"Reclamaremos máis industria, máis sanidade pública e máis infraestruturas para a Mariña", afirmou Daniel Castro

Daniel Castro: "As eleccións do 18 de febreiro demostraron que o BNG non ten teito, traballaremos desde unha oposición firme e constructiva, facendo propostas en positivo para mellorar a vida das galegas e galegos"

 

Lugo, 27 de febreiro de 2024. As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, Daniel Castro, Montserrat Valcárcel e Iago Suárez, participaron hoxe nun almorzo informativo cos medios de comunicación onde fixeron unha valoración dos resultados conseguidos polo BNG nas eleccións do 18 de febreiro, onde o BNG alcanzou un resultado histórico tanto a nivel galego como en Lugo. En toda Galiza, alcanzáronse preto de medio millón de votos, 155.000 máis que en 2020, colocando ao BNG cun grupo parlamentario de 25 integrantes, que ocupa un terzo do hemiciclo, mentres que tanto na provincia de Lugo como na cidade se conseguiu unha mellora notable. Na comarca da Mariña, o BNG aumentou máis de 2.000 votos con respecto ás últimas eleccións, e converteuse na forza que máis crece en toda a provincia de Lugo.

Daniel Castro afirmou que "desde o BNG traballaremos nunha opocición firme e constructiva, facendo propostas en positivo para mellorar a vida das galegas e galegos", e engadiu "ofreceremos un modelo mellor para as galegas e galegos ao modelo que está a executar o PP desde os últimos 15 anos". O deputado do BNG afirmou que para a Mariña, as liñas de traballo basearanse en reclamar ao goberno "máis industria, máis sanidade pública e máis infraestruturas", poñendo fin ao abandono da comarca.

O BNG defenderá o mantemento dos postos de traballo en Alcoa a través dunha intervención pública da factoría, "trátase dunha industria vital para a Mariña e levamos 4 anos vendo como a multinacional segue sen garantir o futuro da planta", afirmou Daniel Castro, que engadiu "traballaremos nun plan industrial específico para a comarca, evitando que A Mariña dependa só do turismo e dunha única factoría".

Para a mellora das infraestruturas, o BNG reclamará á Xunta completar a VAP Costa Norte, que continúa sen estar rematada máis de 20 anos despois do inicio do proxecto, e reclamará ao Estado "as infraestruturas pendentes como o Dique Norte de Alcoa ou a A-74".

No eido da Sanidade, o BNG reclamará a recuperación da área sanitaria da Mariña, e garantir o persoal suficiente en Atención Primaria "para garantir unha atención primaria útil para as veciñas e veciños".

Segundo Daniel Castro, "despois destas eleccións queda claro que Galiza cambiou e que a alternativa ao PP é o Bloque Nacionalista Galego". "A partir de agora nada será igual, hai unha cidadanía ilusionada, que ambiciona unha Galiza mellor, con mellores servizos públicos con máis oportunidades e máis dereitos, e imos construíla colectivamente ao longo destes catro anos", afirmou Daniel Castro. 

Daniel Castro: "As eleccións do 18 de febreiro demostraron que o BNG non ten teito, traballaremos desde unha oposición firme e constructiva, facendo propostas en positivo para mellorar a vida das galegas e galegos"