O BNG participa na senlleira Feira de Santos de Monterroso
Até a localidade da Ulloa achegouse a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, que aconpañou ao Concelleiro , Brais Vázquez e a militantes e simpatizantes da organización da localidade
Monterroso, 1 de novembro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego participou na histórica Feira de Santos de Monterroso, que é unha das citas máis importantes do ano do rural galego.
A esta feira que se organiza dende hai máis de 500 anos, militantes e simpatizantes da organización en Monterroso acompañados pola deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira e o concelleiro da localidade, Brais Vázquez , fixeron un percorrido por toda a mostra.
Brais Vázquez, concelleiro do BNG na localidade, declarou "Monterroso é hoxe o epicentro do agro e o rural galego, unha mostra que coma veciñas e veciños nos fai sentir orgullosas, xa que amosa o potencial que ten o interior e a Galiza rural"
De igual xeito, Carme Aira enxalzou as posibilidades e a calidade dos produtos que se producen no rural "Monterroso demostra na súa Feira de Santos que Galiza é nun país rico e diverso cun milleiro de posibilidades, mais o que fai falta son proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven no rural"
"feiras como esta de Santos son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio" concluíu a deputada.