A PROGRAMACIÓN DA FESTIVIDADE DE SANTOS CONTINÚA ESTE DOMINGO COA LECTURA DRAMATIZADA DE DON JUANÍN
A corporación municipal realiza a tradicional ofrenda floral no cemiterio municipal
A programación da festividade de santos continúa este domingo coa lectura dramatizada de Don Juanín
Lugo, 02 de novembro de 2023. A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou a tradicional ofrenda floral co motivo da festividade de Santos. Cristina López destacou que "este acto é unha lembranza a todas as persoas da cidade que están enterradas aquí", e engadiu "en harmonia co espazo, hoxe celebramos individual e colectivamente a vida dos que se foron, nunha visión resiliente do ciclo da vida."
As actividades do Cemiterio Municipal arredor da festividade do 1 de novembro continúan ao longo de todo o mes coas as lecturas dramatizadas de Don Juan Tenorio, a cargo de Palimoco Teatro, terán lugar o día 9 a partir das 20:30, e o día 19, con dous pases ás 19:30 e ás 20:30. As entradas para ambas representacións teatrais poderanse retirar na Oficina de Turismo da praza do Campo, ou reservarse chamando ao Cemiteirio.
O concerto da lembranza, que será o 08 de novembro ás 18:30, e co IX Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo terá lugar do 01 de outubro até o 30, e nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Pode consultarse máis información contactando coa área de Participación.