BRAIS VÁZQUEZ: "RENUNCIAMOS AO USO DUN LOCAL  PARA O NOSO GRUPO MUNICIPAL PARA PRESERVAR O TRABALLO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DE MONTERROSO"

O BNG de Monterroso reclama que as asociacións teñan locais para realizar as súas actividades

Brais Vázquez: "Renunciamos ao uso dun local  para o noso grupo municipal para preservar o traballo do movemento asociativo de Monterroso"

O BNG de Monterroso reclama que as asociacións teñan locais para realizar as súas actividades

 

 

Monterroso, 29 de decembro 2023. O BNG de Monterroso solicitou, no último pleno celebrado o pasado xoves día 28 de decembro que ás asociacións que seguen sin local se lles conceda un, polo traballo social que desenrolan na localidade. Este debate veu dado por unha moción presentada no pleno onde se un pedía local para os grupos municipais.

"Consideramos que os partidos políticos deben ter medios para facer o seu traballo pero tamén o movemento asociativo de Monterroso debe estar dotado de recursos para facer un traballo social moi importante" explicou o concelleiro nacionalista.

Asi, Brais anunciou que "o noso grupo municipal agardará a que as asociacións teñan o seu local" e no caso de que isto non sexa así reclamaremos o noso local como grupo municipal e poñerémolo a disposición daquelas asociacións que o podían precisar para realizar as súas xuntanzas. "as asociacións como os grupos municipais precisan locais para realizar as súas xuntanzas e realizar o seu traballo", concluíu Brais.

O BNG de Monterroso reclama que as asociacións teñan locais para realizar as súas actividades