"A SANIDADE TEN QUE SER UN SERVIZO CERCANO A CIDADANIA E CADA VEZ A ALONXAN MÁIS", EXPLICA IRIA CASTRO

O BNG de Castroverde mobilízase para denunciar a falla de persoal sanitario no centro de saúde

foto_Castroverde (1) (1)

"A sanidade ten que ser un servizo cercano a cidadania e cada vez a alonxan máis" explica Iria Castro

A concentración terá lugar o vindeiro martes 2 de xaneiro ás 12.00 horas diante do centro de saúde

O BNG de Castroverde mobilízase para denunciar a falla de persoal sanitario no centro de saúde

O BNG de Castroverde mobilízase para denunciar a falla de persoal sanitario no centro de saúde

"A sanidade ten que ser un servizo cercarno a cidadania e cada vez a alonxan máis" explica Iria Castro

A concentración terá lugar o vindeiro martes 2 de xaneiro ás 12.00 horas diante do centro de saúde

Castroverde, 1 xaneiro de 2024 - O BNG convoca unha concentración en Castroverde pola defensa do Centro de Saúde da vila. Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, explicou que "na ausencia das doutoras titulares, houbo substitucións pola tarde pero a veciñanza non foi avisada, ademais, a día de hoxe non se pode coller cita ata o día 4. Ter un médico substituto pola tarde sen que ninguén o saiba é malgastar os recursos".


Este desmantelamento non é algo de agora senón que xa comenzou en 2010 cando quitaron a sede da ambulancia medicalizada para O Corgo e posteriormente eliminaron unha praza dun facultativo e quedaron 2 prazas para 2500 habitantes a maioría unha poboación moi envellecida e polo tanto que precisa unha atención médica continua "A veciñanza de Castroverde estamos fartas de que nos quiten servizos e fartas de non ter facultativos que nos atendan", explicou a nacionalista. Ademais temos que ter en conta que a atención pediátrica esta compartida con A Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas NUNCA se substitúe. Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12.


Ante esta situación, o BNG de Castroverde convoca a toda a veciñanza afectada a unha concentración o vindeiro martes 2 de xaneiro ás 12.00 horas diante do do centro de saúde.

Iria Castro anima á cidadanía "a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública".

O BNG de Castroverde mobilízase para denunciar a falla de persoal sanitario no centro de saúde