CARME AIRA: "QUEREMOS MÉDICOS E PEDIATRA A TEMPO COMPLETO NO CENTRO DE SAÚDE DE CASTROVERDE, PORQUE É UN DEREITO FUNDAMENTAL E XA ESTÁ BEN DE RECORTES Á SANIDADE NA ATENCIÓN PRIMARIA"
Nova concentración do BNG de Castroverde para solicitar as ausencias de facultativos
Na concentración estiveron presentes a deputada do BNG, Carme Aira, a concelleira por Castroverde, Iria Castro, e veciñanza de Castroverde para denunciar as ausencias de facultativos no Centro de Saúde
Carme Aira: "Queremos médicos e pediatra a tempo completo no centro de saúde de Castroverde, porque é un dereito fundamental e xa está ben de recortes á sanidade na atención primaria"
Castroverde, 2 de Xaneiro de 2024. O BNG convocou hoxe, martes 2 de Xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. "A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde", afirmou Carme Aira
"Na ausencia das doutoras titulares, houbo substitucións pola tarde pero a veciñanza non foi avisada, ademais, a día de hoxe non se pode coller cita ata o día 4. Ter un médico substituto pola tarde sen que ninguén o saiba é malgastar os recursos "explicou Iria Castro. Ademais temos que ter en conta que a atención pediátrica esta compartida con A Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas NUNCA se substitúe. Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12.
Iria Castro tamén anunciou a presentación dunha moción no vindeiro pleno de finais de Xaneiro "onde instaremos á Xunta de Galiza a cubrir as ausencias dos médicos de familia e pediátricas", durante 2 días á semana Castroverde non ten atención pediátrica.
Iria Castro pide que as tres forzas políticas con representación no Concello " se unan para reiterar o seu firme compromiso coar sanidade para Castroverde".