persoal
Novas

O BNG propón recuperar as medidas especiais para o persoal municipal ante o calor extremo do verán

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "é preciso volver adaptar os horarios de traballo de persoal de servizos como as brigadas municipais para que non realicen o seu traballo nas horas de máis calor, como se fixo xa en anos anteriores"

Segundo os datos recentes, a calor extrema supón unha suba do risco de mortalidade de ata o 60%

Arroxo lembrou que "o Concello xa puxo en marcha medidas similares o ano pasado, agardamos que o PP tamén se preocupe polo benestar das e dos traballadores municipais"
Ler novas
Novas

Iria Buide: "O sistema de climatización da Escola Gregorio Sanz estaba listo para funcionar o ano pasado, o persoal da escola non aceptou o seu uso malia estar aprobados pola inspección educativa"

A edil do BNG lembrou que o orzamento municipal gardou unha partida orzamentaria de 24.000€ para a climatización da escola "cun sistema que fose aceptado polo persoal do centro"

Buide criticou que "o material que o ano pasado, co BNG gobernando, era inseguro, agora se vai utilizar sen ningún tipo de problema"

 
Ler novas
Novas

O BNG defenderá no pleno de outubro que a Xunta cubra o persoal necesario nos centros de ensino públicos


Rubén Arroxo criticou que "a Xunta anunciase que este curso ía ser un récord en canto a persoal docente mentres que as familias se están a mobilizar para que se cubra o persoal pedido antes do verán"

O BNG reclama a cobertura de todas as prazas vacantes nos centros de ensino públicos de Lugo, "tal e como reclaman familias e directivas", afirmou Rubén Arroxo

Ler novas