TRAS A CELEBRACIÓN DUNHA ASEMBLEA DECIDIUSE PEDIR Á XUNTA DE GALIZA CUBRA DE MANEIRA URXENTE E PERMANENTE AS PRAZAS DE MÉDICO NO CENTRO DE SAÚDE DE SAN ROMÁN
O BNG de Cervantes e chama a mobilizarse este xoves para denunciar a falla de persoal médico
Tras a celebración dunha asemblea decidiuse pedir á Xunta de Galiza cubra de maneira urxente e permanente as prazas de médico no centro de Saúde de San Román
Cervantes, 2 de febreiro de 2026 – O BNG de Cervantes convoca a unha concentración diante do centro de saúde de San Román o vindeiro xoves día 5 despois da asemblea celebrado este pasado venres 29 de xaneiro. Á veciñanza de Cervantes quere denunciar a grave perda de atención sanitaria
no concello de Cervantes, onde o centro de saúde de San Román ficará con só “un médico e medio”: unha praza cuberta de maneira fixa e outra que será rotativa algúns día á semana. Unha situación especialmente preocupante nun concello que é o corazón dos Ancares e cunha poboación moi
dispersa e con unha idade media moi elevada, que precisa dunha atención sanitaria próxima, estable e continuada.
Nesa asemblea a veciñanza denuncia que o que está a acontecer en Cervantes é un exemplo máis do desmantelamento progresivo da sanidade pública no rural por parte da Xunta do P deixaron de manifesto que non se pode pretender atender un concello con estas características cun persoal médico
insuficiente e inestable. A rotación constante impide un seguimento axeitado das doenzas, rompe a relación de confianza coa veciñanza e pon en risco a saúde das persoas maiores.
Esta situación en San Román súmase aos recortes que xa se veñen padecendo no consultorio de Doiras, agravando aínda máis a precariedade da atención sanitaria no concello. Algunhas das persoas que estaban nesa asemblea laiábanse de que teñen que percorrer quilómetros por estradas
complexas para acceder a un médico e queren deixar claro que non son cidadáns de segunda por vivir nos Ancares.
Con esta concentración pideselle á Consellaría de Sanidade que rectifique de inmediato e que cubra as prazas necesarias con persoal estable e garanta unha atención digna e de calidade en Cervantes.
Dende o BNG de Cervantes queren animar a toda á veciñanza do concello e arredores a mobilizarse para defender a sanidade pública é defender a vida no rural. É o momento de alzar a voz e denunciar o que o PP dende a Conselleira de Sanidade esta a facer con un dos nosos dereitos básicos como
é a saúde e hora de dicir basta aos recortes.