MONTSE VALCÁRCEL: “A VECIÑANZA DE CERVANTES TEN CLARO QUE PRECISA UNHA SOLUCIÓN XA”
O BNG apoiou hoxe á veciñanza de Cervantes nas súas denuncias ante a falta de persoal médico en Cervantes
Montse Valcárcel “Á veciñanza de Cervantes ten claro que precisa unha solución xa”
Cervantes, 19 de febreiro de 2026.- A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel participou hoxe nunha nova concentración, acompañando á veciñanza, que tivo lugar en San Román para denunciar a grave situación sanitaria que sofre o concello de Cervantes e así reclamar a cobertura inmediata das prazas médicas vacantes.
Fai quince días as veciñas e veciños de Cervantes tiveron coñecemento de que unha das dúas prazas médicas do centro de saúde de San Román quedou vacante, sen que a Consellaría de Sanidade manifestase a súa intención de cubrila e todo segue igual Pola contra, toda a información apunta a que o servizo se prestará unicamente de maneira eventual, o que supón un novo recorte na atención sanitaria básica.
Esta situación vese agravada polo feito de que a vacante existente no consultorio de Doiras desde o ano 2024 continúa sen cubrir, malia os reiterados anuncios e promesas da Xunta de Galiza. Deste xeito, Cervantes pasou de contar con tres prazas médicas cubertas a ter só unha activa e dúas vacantes.
Por iso á veciñanza alí presente decidiu seguir coas concentracións e volveran diante do centro de saúde de San Román o vindeiro cinco de marzo.
A deputada do BNG, Montse Valcárcel, advertiu da gravidade desta situación: “Quince días despois seguimos na mesma situación e parece que a Xunta de Galiza o concello de Cervantes non lle importa”
“Estamos a falar dun concello moi envellecido e cunha poboación moi dispersa, e tanto que a Xunta de Galiza se gaba de que apoian ao rural con esta situación demostran o pouco que lles importa o que pasa en Cervantes ” denunciou a deputada nacionalista
Valcárcel sinalou ademais que o escenario pode empeorar aínda máis no caso de que a profesional que actualmente ocupa a única praza cuberta decida xubilarse, o que deixaría ao concello practicamente sen atención médica estable. “ Á veciñanza de Cervantes ten claro que precisa unha solución xa e que a Xunta de Galiza non lla esta a proporcionar”,explicou a deputada nacionalista.
“Dende o Bng seguiremos a apoiar a estas veciñas e veciños nas súas reclamacións que son dereitos básicos e que non se pode permitir que a Xunta faga con eles o que lle preste” concluíu