O BNG de Outeiro de Rei consegue a unanimidade do Pleno para a creación dun CIM
A última sesión plenaria aprobou o proceso cun prazo de 2 anos para dispór de local e financiamento
Elvira Lombao, concelleira do BNG, defendeu a importancia deste tipo de centros que "garanten o fomento da igualdade e a prestación dun servizo de información ás mulleres"
Outeiro de Rei, 28 de decembro de 2023. O grupo municipal do BNG de Outeiro de Rei conseguiu no último Pleno celebrado a unanimidade para a creación dun Centro de Información á Muller no concello.
A sesión plenaria aprobou no súa totalidade iniciar o proceso para dotar á poboación de Outeiro de Rei dun CIM, dando un prazo de 2 anos para dispoñer dun local e para obter o financiamento necesario.
Elvira Lombao, concelleira do BNG en Outeiro de Rei, defendeu a importancia deste tipo de centros que "garanten o fomento da igualdade e a prestación dun servizo de información ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre recursos, así como de calquera outra actividade que teña por obxecto a promoción dunha sociedade xusta e igual".