RUBÉN ARROXO: "DESDE O BNG PRESENTAMOS MOCIÓNS EN TODOS OS CONCELLOS EN DEFENSA DO POBO PALESTINO, EN LUGO PRESENTAMOS A MOCIÓN ELABORADA POLA PLATAFORMA LOCAL, QUE CONTA COA PARTICIPACIÓN DOS MOVEMENTOS SOCIAIS LUCENSES"
O BNG leva ao Pleno Municipal a moción da plataforma Lugo por Palestina
A proposta condena o xenocidio contra o pobo palestino e remarca a necesidade da apertura de corredores humaniterios e do cesamento permanente do fogo
Rubén Arroxo: "Desde o BNG presentamos mocións en todos os concellos en defensa do pobo palestino, en Lugo presentamos a moción elaborada pola plataforma local, que conta coa participación dos movementos sociais lucenses"
Lugo, 28 de decembro de 2023. O pleno municipal de decembro debateu unha proposición en apoio ao pobo palestino elaborada pola plataforma Lugo por Palestina. A proposta, que saíu adiante cos votos a favor do BNG e a abstención do resto dos grupos, condena o xenocidio que se está perpetrando contra o pobo palestino e remarca a necesidade da apertura de corredores humanitarios e dun cesamento do fogo permanente.
Insta ao goberno do Estado e á Unión Europea a romper relacións diplomáticas con Israel e a recoñecer Palestina como Estado con todos os seus dereitos. Pide tamén a intervención da Corte Penal Internacional ante o xenocidio planificado polo goberno de Benjamin Netanyahu.
Rubén Arroxo, portavoz do BNG de Lugo afirmou que "desde o BNG presentamos mocións en todos os concellos en defensa do pobo palestino, en Lugo presentamos a moción elaborada pola plataforma local, que conta coa participación dos movementos sociais lucenses".