Á ENTRADA DO ÚLTIMO PLENO MUNICIPAL DO ANO, O PORTAVOZ DO BNG AFIRMOU QUE "A VECIÑANZA DE LUGO LEVA 15 ANOS SUFRINDO O ABANDONO DO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR"
Rubén Arroxo: "O 18 de febreiro Lugo e Galiza van cambiar de rumbo con Ana Pontón e o BNG no goberno da Xunta"
Á entrada do último pleno municipal do ano, o portavoz do BNG afirmou que "a veciñanza de Lugo leva 15 anos sufrindo o abandono do goberno do Partido Popular"
O Pleno Municipal de hoxe aprobará os orzamentos para o 2024 "que permitirán continuar co traballo iniciado nos últimos anos e facer fronte aos retos do futuro"
Lugo, 28 de decembro de 2023. O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que hoxe era un día importante para Lugo pola aprobación no pleno municipal dos orzamentos para o ano 2024. Arroxo destacou que "este orzamento é froito do traballo realizado durante meses en contacto coa veciñanza, afianzando o proxecto que executamos nos últimos anos e permitíndonos afrontar desde o Concello os retos do futuro".
Arroxo destacou que as eleccións galegas convocadas para o 18 de febreiro "son un gran reto no que Lugo ten que ser protagonista despois de 15 anos de abandono por parte do Partido Popular desde o goberno galego". Para Arroxo, proxectos como a Tinería, o Cuartel de San Fernando ou a perda de servizos na sanidade pública, como se está a ver no Centro de Saúde de Nadela, son exemplos deste abandono ao que o Partido Popular somete á veciñanza de Lugo.
"Este 18 de febreiro pode chegar o cambio a Galiza da man do BNG e de Ana Pontón, un cambio que Lugo precisa para que o goberno de Galiza atenda ás nosas necesidades", afirmou Rubén Arroxo.