RECLÁMASE A MELLORA DOS SOLDOS E AVANZAR NAS CONDICIÓNS SOCIAIS E LABORAIS, COMEZANDO COA ACTUALIZACIÓN DE SALARIO BASE

A parlamentaria do BNG por Lugo, Carme Aira, apoia ao sector da limpeza na reclamación dun convenio digno

Reclámase a mellora dos soldos e avanzar nas condicións sociais e laborais, comezando coa actualización de salario base

Carme Aira: "Dende o BNG levamos ao Parlamento Galego a voz das traballadoras do sector da limpeza, a Xunta de Galiza ten que intervir para poñer fin a este conflito"

A parlamentaria do BNG por Lugo, Carme Aira, apoia ao sector da limpeza na reclamación dun convenio digno


 

Lugo, 27 de decembro de 2023. A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira, trasladou o seu apoio ás traballadoras do sector da limpeza na súa reivindicación dun convenio digno. Aira, acompañada das concelleiras do BNG Cristina López e Maite Ferreiro, acudiu ata a caravana dende a que o sector continúa a protestar.

A parlamentaria mantivo unha xuntanza con representantes do sector, onde coñeceu de primeira man o estado das negociacións e as reclamacións das traballadoras. A deputada afirmou que "é inadmisible que a Xunta de Galiza se poña de perfil nun conflito como o do sector da limpeza".

O sector da limpeza está a reclamar, ademais da mellora salarial, unha serie de melloras sociais e laborais como a actualización de salario base que agora esta por baixo do salario mínimo interprofesional e que os trienios non sexan un complemento fixo. Estamos a falar dun sector fortemente feminizado xa que o 95% do seu persoal son mulleres e onde existe un alto nivel de precariedade. "A Xunta non pode permitir que a proposta que esta encima da mesa, por parte da patronal, sexa de salarios por debaixo do salario mínimo interprofesional, nun sector xa moi precarizado e amplamente feminizado", declarou Carme Aira.

"A patronal ten que responder á mobilización masiva das traballadoras que levan en folga dende o 16 de outubro ", explicou a deputada do BNG, que se comprometeu a darlles voz no Parlamento Galego, pois a Xunta de Galiza, non pode ser indiferente perante ningún conflito, e por iso "dende o BNG sempre defendemos unha contratación pública na que se garantan unhas condicións sociais e laborais dignas nuns pregos de licitacións millonarios que as empresas usan para precarizar cada vez este sector" concluíu Carme Aira.

A parlamentaria do BNG por Lugo, Carme Aira, apoia ao sector da limpeza na reclamación dun convenio digno