BRAIS VÁZQUEZ: "PEDIMOS A MUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PORQUE CREMOS QUE É A FORMULA PARA GARANTIR UN SERVIZO DE CALIDADE TANTO PARA USUARIOS COMO PARA TRABALLADORES"

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para iniciar o proceso de municipalización do servizo de axuda no fogar

Brais Vázquez: "Pedimos a municipalización do servizo de axuda no fogar porque cremos que é a formula para garantir un servizo de calidade tanto para usuarios como para traballadores"

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para iniciar o proceso de municipalización do servizo de axuda no fogar

 

Monterroso, 26 de xaneiro 2024O BNG de Monterroso solicitou, no último pleno celebrado o pasado xoves día 25 de xaneiro que o goberno municipal comenzará os pasos para que o SAF sexa un servizo municipal. O primeiro paso para esa municipalización é a creación dunha comisión de estudo.

"Dende o BNG defendemos a xestión pública da Administración dos seus servizos como a formula que mellor garante o seu funcionamento con criterios de calidade e interese publico" expuxo Brais Vázquez, concelleiro en Monterroso. En consecuencia, presentamos no pleno unha moción para a recuperación da xestión directa do servizo de axuda no fogar.

O contrato con esta empresa vence proximamente ( Maio – Xuño) por iso a corporación municipal ten que comenzar os trámites para a municipalización do servizo.

Brais Vázquez indicou que"en Monterroso temos constancia de continuadas queixas sobre a xestión da empresa concesionaria tanto por parte de usuarios como de traballadores, iso pasa por unha mala fiscalización por parte do equipo de goberno".

Coa aprobación desta moción comenzase o proceso de municipalización do servizo de axuda no fogar, cuxo primeiro paso é a creación dunha comisión de estudo composta polos membros da corporación municipal e por persoal técnico.

"O dereito a unha vellez digna pasa por garantir que nos facemos vellas nas nosas casas contando co apoio e cos servizos que precisamos para gozar da máxima calidade de vida e benestar social así como por dignificar o traballo de coidados con condicións laborais dignas", concluíu Vázquez.

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para iniciar o proceso de municipalización do servizo de axuda no fogar