A CANDIDATA DO BNG CRITICOU QUE NOS ÚLTIMOS 7 ANOS SÓ SE CONSTRUÍRAN 21 VIVENDAS PÚBLICAS "CONVERTENDO UN DEREITO FUNDAMENTAL NUN NEGOCIO QUE IMPIDE Á MOCIDADE INICIAR UN PROXECTO DE VIDA AUTÓNOMO"

Rodil: "A partir do 18 de febreiro poñeremos en marcha un plan de mobilización de vivenda baleira para garantir o acceso á vivenda con prezos asequibles"

Para Olalla Rodil, "a Tinería é o mellor exemplo da falta de compromiso e proxecto do Partido Popular con Lugo e coa vivenda pública"

A candidata do BNG criticou que nos últimos 7 anos só se construíran 21 vivendas públicas "convertendo un dereito fundamental nun negocio que impide á mocidade iniciar un proxecto de vida autónomo"

Rodil: "A partir do 18 de febreiro poñeremos en marcha un plan de mobilización de vivenda baleira para garantir o acceso á vivenda con prezos asequibles"

 

 

Lugo, 26 de xaneiro de 2024.- A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, acompañada das concelleiras e concelleiros do BNG, e de integrantes da formación en Lugo visitaron o barrio da Tinería, onde denunciaron o abandono por parte do Partido Popular dun gran proxecto para Lugo iniciado durante a época do bipartito. Rodil declarou que "é sorprendente que cada vez que chega unha campaña electoral o Partido Popular lembre a Tinería, cando en 15 anos de goberno o único que fixeron foi paralizar un proxecto necesario para o centro da cidade".

Rodil a"deixadez e abandono da Xunta de Galiza do Partido Popular a unha das zonas da cidade con máis potencial, tanto turístico como económico". "As distintas deputadas e deputados do BNG levamos desde o ano 2009 esixindo á Xunta de Galiza que continúe este proxecto", afirmou Olalla Rodil, que engadiu "concretamente, a unidade de intervención UI-7, onde se atoparon os fornos, ten un gran potencial, dado que se podería converter nun centro de investigación e nun atractivo turístico para a cidade de Lugo".

 

Vivenda Pública

Olalla Rodil afirmou qeu a situación de parálise da Tinería "é un exemplo do que o PP fixo coa vivenda pública desde o goberno da Xunta". Nos últimos 7 anos só se construíron 21 vivendas públicas, "o que converteu un dereito fundamental como é a vivenda nun negocio que impide que a mocidade poida iniciar un proxecto de vida autónomo".

Rodil anunciou que o BNG, desde o goberno da Xunta a partir do 18 de febreiro, poñerá en marcha un plan de mobilización de vivenda pública, adquirindo vivendas baleiras e poñéndoas en aluguer con prezos asequibles. "isto permitirá garantir unha vida digna á mocidade e aos colectivos vilnerables", afirmou Olalla Rodil, que engadiu "en Lugo continuaremos coa rehabilitación da Tinería e a posta a disposición das distitnas vivendas deste barrio, continuando co plan iniciado no 2005 e paralizado polo PP".

Rodil: "A partir do 18 de febreiro poñeremos en marcha un plan de mobilización de vivenda baleira para garantir o acceso á vivenda con prezos asequibles"