A CONCELLEIRA RESPONSÁBEL DE TURISMO AFIRMOU QUE "O NOSO OBXECTIVO É CONTINUAR ENSINANDO AO MUNDO A NOSA RIQUEZA CULTURAL E PATRIMONIAL, O NOSA HOSPITALIDADE E OS NOSOS ATRACTIVOS ÚNICOS"

Maite Ferreiro presenta os atractivos únicos da cidade de Lugo en FITUR

A exhibición do Concello de Lugo tivo lugar hoxe no espazo de Galiza da Feira Internacional de Turismo

A concelleira responsábel de Turismo afirmou que "o noso obxectivo é continuar ensinando ao mundo a nosa riqueza cultural e patrimonial, o nosa hospitalidade e os nosos atractivos únicos"

Maite Ferreiro presenta os atractivos únicos da cidade de Lugo en FITUR

 

Lugo, 26 de xaneiro de 2024. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu esta mañá á Feira Internacional de Turismo Fitur, onde Lugo amosou os seus encantos e a súa privilexiada ubicación, a través da campaña Lugo km100. Maite Ferreiro explicou que "o obxectivo deste ano non é novo, continuamos ensinando ao mundo a nosa riqueza cultural e patrimonial, o nosa hospitalidade e os nosos atractivos únicos que fan de Lugo un destino inesquecible para aquelas persoas que nos visitan". A concelleira de Turismo afirmou na presentación que "os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza".

Ferreiro insistiu en que Lugo pode ser o epicentro dunha experiencia maior, dunha viaxe e inmersión na Galiza para coñecela a fondo. "Temos a sorte de estar situados a menos de 100 km de lugares emblemáticos e representativos da nosa terra, polo que podemos ser a base de operacións para o desembarco na Galiza, para vivila enteira", explicou Ferreiro, "Lugo Km100 é o comezo da viaxe, é o punto onde todo comeza e o fío que une un sinfín de experiencias". A concelleira deixou claro que se está a afondar nesa idea porque funciona e os datos así o demostran, "pero sempre a través dun turismo de cercanía, responsable e de calidade".

 

Para Maite Ferreiro "o máis difícil está feito", xa que Lugo xa non é ese gran descoñecido, "Lugo xa está na boca e mente de cada vez máis xente, e aqueles que nos visitan, non nos esquecen". "Pero hai que seguir camiñando cara o obxectivo, facer da nosa cidade un lugar ao que querer acudir para descubrir os seus tesouros", insistiu a concelleira de Cultura e Turismo,

 

"Agardamos a todo o mundo cos brazos abertos e un sorriso, e animámosvos a coñecer o Lugo cheo de vida, moderno, afable, cómodo e acolledor que agarda por todas as persoas que nos visitan", afirmou Maite Ferreiro durante a presentación, e engadiu "tratarémosvos da mellor das maneiras e acompañarémosvos mentres descubrides Galiza".

 

Maite Ferreiro presenta os atractivos únicos da cidade de Lugo en FITUR