Maite Ferreiro: "O Partido Popular non pode seguir apoiando un procedemento no que se sospeita que existe aproveitamento intencionado de cartos públicos"

A concelleira quixo aclarar que non se trata de axudas, tal e como expuxo o PP, se non de pagos directos das actuacións para contribuír a celebración de festas

Ferreiro: "Debe existir unha interlocución directa entre as asociacións e o Concello para evitar este tipo de practicas irregulares e optimizar e mellorar a colaboración"

Maite Ferreiro: "O Partido Popular non pode seguir apoiando un procedemento no que se sospeita que existe aproveitamento intencionado de cartos públicos"

 

Lugo, 25 de xaneiro de 2024. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, compareceu nunha rolda de prensa ante os medio despois das declaracións do Partido Popular a cerca da contratación de actuacións para a celebración de festas nas parroquias e barrios de Lugo. A concelleira quixo aclarar que non se trata de axudas, tal e como expuxo o PP, se non que "o Concello de Lugo paga a actuación directa dun grupo ou actividade contribuíndo á celebración da festa nos lugares do termo municipal que o soliciten", explicou.

Maite Ferreiro aclarou que o cambio no procedemento se produce debido a que o Concello ten a sospeita da existencia de organizacións de espectáculos que se lucran de cartos públicos a conta destas contratacións. A concelleira deixou claro que "son sospeitas, xa que de telo claro, acudiriamos a outras instancias para pórlle solución". Do mesmo xeito, Maite Ferreiro amosou a súa preocupación coa resposta do PP debido a que "non pode seguir apoiando un modelo no que se sospeita que hai aproveitamento intencionado de cartos públicos".

O Goberno Municipal, explicou Ferreiro, ten que velar pola utilización dos cartos públicos e potenciar a existencia de festexos no termo municipal, "tal e como se ven facendo e se fará no futuro". Para iso insiste en que "debe existir unha interlocución directa entre as asociacións e o Concello para evitar este tipo de practicas irregulares e optimizar e mellorar a colaboración".

A concelleira aclarou que dende o Goberno se promociona a inclusión de todo tipo de músicas e actividades nas festas de barrios e parroquias, "tal e como se pode comprobar esta fin de semana nas festas da parroquia de Pedreda, onde se comenza a investir a partida de 20.000 euros destinada polo Concello de Lugo a colaborar na mellora de festexos no termo municipal", rematou Ferreiro.

Maite Ferreiro: "O Partido Popular non pode seguir apoiando un procedemento no que se sospeita que existe aproveitamento intencionado de cartos públicos"