Aprobada a moción do BNG de Monterroso para reforzar os servizos de conciliación e garantir a inclusión das crianzas con necesidades especiais, ademáis doutras demandas
Brais Vázquez: “Non pode ser que haxa nenos e nenas que non participen ou que o fagan en peores condicións pola simple falta de recursos humanos”
Aprobada en pleno a moción do BNG para crear o Gran Parque Central de Lugo na Estación de Autobuses
Arroxo: "Esta decisión marca un paso importante na transformación urbana da cidade, unha vez que entre en funcionamento a nova estación intermodal"
O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitirí a crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"
Aprobada a moción do BNG de Monterroso para que a equipa de goberno municipal busque financiamento para as obras de saneamento en Arxona e Montecalvo
Brais Vázquez: "Toda a veciñanza temos dereito a aos mesmos servizos, vivamos onde vivamos"
O Alcalde de Outeiro de Rei veta, por quinta vez, o debate sobre unha moción do BNG sobre a promoción do uso do galego
Miguel Vieito, concelleiro en Outeiro de Rei: "O equipo de goberno do Concello de Outeiro de Rei non considera a situación do galego como preocupante, nin como urxente, a pesares de termos datos demoledores sobre o uso da nosa lingua"
O BNG presentará unha moción no Parlamento para pedir a moratoria das plantacións de eucalipto tras reunirse con colectivos agrarios e ambientais
A deputada Montserrat Valcárcel mantivo unha xuntanza con membros do Sindicato Labrego Galego, FRUGA e ADEGA co obxectivo de consensuar a proposta
Valcárcel: "Esta acción debe ser a gran panca de cambio cara a unha nova política forestal que promova un uso multifuncional do monte galego"
O BNG presenta unha batería de iniciativas no Parlamento galego e moción no Concello de Castro de Rei para pedir atención pediátrica para os concellos de Cospeito, Castro de Rei e Outeiro de Rei
Olalla Rodil lamentou que a Xunta e os alcaldes dos concellos afectados boten balóns fóra provocando que os nenos e nenas carezan desta atención e que a provincia de Lugo conte cunha Atención pediatrica deficitaria
O BNG de Castro de Rei presenta no Concello unha moción para instar á Xunta de Galiza a reapertura do consultorio de Castro de Rei
Esta moción vai respaldada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias de influencia deste consultorio
Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei "recollemos máis de 200 sinaturas en menos de dúas semanas nas parroquias afectadas polo peche do consultorio, onde tivemos apoio total da veciñanza "
Maite Ferreiro: “O PP confirma que non ten proxecto para Lugo, xa que volve traer ao Pleno unha moción aprobada no ano 2020”
O Concello de Lugo apoiou o 27 de febreiro do 2020 a proposta da Xunta para declarar como Ben de Interese Inmaterial a Ofrenda do Reino de Galiza
A concelleira insiste en que 4 anos despois voltan solicitar que o Concello urxa á Xunta a facer algo que prometeu e non cumpríu
Aprobada no pleno municipal de Monterroso a moción presentada polo BNG contra a instalación de Altri
Brais Vázquez: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na nosa comarca"