OLGA GARCÍA, CONCELLEIRA DO BNG EN CASTRO DE REI "RECOLLEMOS MÁIS DE 200 SINATURAS EN MENOS DE DÚAS SEMANAS NAS PARROQUIAS AFECTADAS POLO PECHE DO CONSULTORIO, ONDE TIVEMOS APOIO TOTAL DA VECIÑANZA "

O BNG de Castro de Rei presenta no Concello unha moción para instar á Xunta de Galiza a reapertura do consultorio de Castro de Rei

Esta moción vai respaldada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias de influencia deste consultorio

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei "recollemos máis de 200 sinaturas en menos de dúas semanas nas parroquias afectadas polo peche do consultorio, onde tivemos apoio total da veciñanza "

O BNG de Castro de Rei presenta no Concello unha moción para instar á Xunta de Galiza a reapertura do consultorio de Castro de Rei

 

 

Castro de Rei, 03 de xullo de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei presenta unha moción para tratar no vindeiro pleno onde insta á Xunta de Galiza á reapertura do consultorio de Castro de Rei.

Esta moción vai acompañada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias afectadas, sinaturas recollidas en dúas semanas, onde tivemos o apoio total da veciñanza.

Tanto na moción como na folla de sinaturas instamos á Xunta de Galiza á reapertura do consultorio de Castro de Rei así como o compromiso de mantemento asistencial completo tanto no verán como no resto do ano. "A Xunta de Galiza ten a competencia en materia de sanidade e leva anos desmantelándonos os centros de saúde do concello de Castro de Rei coa complicidade do Sr. Alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado" explica Olga García.

Neste senso, a concelleira subliñou "é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei que vemos como nos pechan o consultorio dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro" e incidiu "o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice" pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos".

O BNG de Castro de Rei presenta no Concello unha moción para instar á Xunta de Galiza a reapertura do consultorio de Castro de Rei