RUBÉN ARROXO: "LUGO CONTA CADA ANO CUNHA ILUMINACIÓN ESPECTACULAR E DECORACIÓN EN TODA A CIDADE QUE REPETIREMOS PARA O SAN FROILÁN E O NADAL DO 2024"

A Tenencia de Alcaldía inicia o procedemento para contratar a iluminación ornamental para as festas do San Froilán e do Nadal do 2024


Rubén Arroxo: "Lugo conta cada ano cunha iluminación espectacular e decoración en toda a cidade que repetiremos para o San Froilán e o Nadal do 2024"  

O Concello de Lugo vén de aprobar as condicións do novo alumeado das rúas da cidade, cun orzamento de licitación de 208.303,13€

A Tenencia de Alcaldía inicia o procedemento para contratar a iluminación ornamental para as festas do San Froilán e do Nadal do 2024


Lugo, 03 de xullo de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a apertura do procedemento de licitación para dotar ás festas de San Froilán e ao Nadal de alumeado ornamental nas rúas. Arroxo afirmou que  "Lugo contou durante as pasadas festas cunha iluminación espectacular a decoración en toda a cidade, este ano renovamos o contrato para seguir dando unha decoración de calidade á gran festa do outono galego e ás datas do Nadal".

Nas festas do San Froilán iluminaranse máis de 50 puntos da cidade, con preto dun millón de microleds dispostos nas nosas rúas. A empresa deberá realizar un proxecto de co alumeado detallado, mais nos pasados anos contouse con máis de 200 arcos luminosos, ademais de rótulos, decoración en farolas e teitos luminosos de mínimo 1500 microleds cada un, explicou. No prego deste ano, a área de Cultura solicita un mínimo de 200 arcos luminosos de entre 2.0000 e 4.000 leds, ademais do resto de decoracións
 
O alumeado de Nadal contou en pasados anos con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds nas distintas rúas e prazas. Instaláronse con 189 arcos luminosos e distintos elementos ornamentais, entre os que destacou a decoración de 100 farolas ou a colocación de figuras en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos. O Tenente Alcalde resaltou tamén a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Durante o nadal, o novo prego contempla un mínimo de 200 arcos, un photocall, máis de 40 decoracións en farolas e 9 árbores de nadal

"Noutras prazas, instaláronse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz", lembrou Rubén Arroxo, sen esquecer tampouco a decoración especial do percorrido do Camiño, así como a árbore da praza Maior, fronte ao Concello, de 20 metros de altura, e da praza da Mosqueira, con elementos decorativos de máis de 1.500 puntos de luz.

Ruben Arroxo explicou a importancia do alumeado xa que "convida á veciñanza de Lugo a moverse pola cidade e coñecer novos lugares que axudan a mellorar ao noso comercio e economía". O Tenente Alcalde considerou fundamental "adornar con vistosa iluminación os espazos públicos máis significativos da cidade en datas festivas sinaladas, o que constitúe unha tradición fortemente arraigada e da que Lugo non é allea".

 

A Tenencia de Alcaldía inicia o procedemento para contratar a iluminación ornamental para as festas do San Froilán e do Nadal do 2024