inicia
Novas

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta a creación do Gran Parque Central de Lugo

Arroxo: "Este parque transformará a cidade, dando un aproveitamento real ao espazo da actual Estación de Autobuses unha vez entre en funcionamento a nova estación intermodal"

Rubén Arroxo e Antón Bao presentaron a campaña coa que o BNG sairá á rúa a compartir a súa proposta para este espazo

O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitiría crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"

Ler novas