CRISTINA LÓPEZ FIXO UNHA ENTREGA SIMBÓLICA ÁS DISTINTAS ASOCIACIÓNS BENEFICIADAS POLAS AXUDAS

A área de Participación inicia, antes de final de ano, o pago das subvencións a asociacións veciñais

A área de Participación entrega 10.691,12€ ás asociacións a través dunhas axudas necesarias para manter a actividade do tecido asociativo local

Cristina López fixo unha entrega simbólica ás distintas asociacións beneficiadas polas axudas

A área de Participación inicia, antes de final de ano, o pago das subvencións a asociacións veciñais

 

 

Lugo, 20 de decembro de 2023. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións veciñais de Lugo beneficiarias do programa de subvencións de 2023. A edil de Participación entregou ás distintas asociacións beneficiarias un diploma acreditando a súa participación neste progrmaa.

A área de Participación entrega en total 10.691,12€ a asociacións veciñais do concello de Lugo, que se poderán executar en proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas.

Cristina López destacou que "esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano", e engadiu "desde o Goberno de Lugo mantemos o noso compromiso co tecido asociativo local".

A área de Participación inicia, antes de final de ano, o pago das subvencións a asociacións veciñais