RUBÉN ARROXO: "A ESTRUTURA SERÁ DIVIDIDA EN DIFERENTES BANCAIS, QUE PERMITIRÁN MELLORAR A INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA DA ZONA E ELIMINAR AS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS"

A Xunta de Goberno inicia o proceso de contratación da reconstrucción do muro de Frai Plácido Rei Lemos

Rubén Arroxo: "A estrutura será dividida en diferentes bancais, que permitirán mellorar a integración paisaxística da zona e eliminar as barreiras arquitectónicas"


O proxecto plantexado pola área de Mobilidade e Infraestruturas propón a creación de novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía

A Xunta de Goberno inicia o proceso de contratación da reconstrucción do muro de Frai Plácido Rei Lemos

 

Lugo, 20 de decembro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno vén de aprobar o inicio do proceso de contratación para reconstruír o muro da rúa Frai Plácido Rei Lenmos. Arroxo explicou que a finais de 2022, o Goberno de Lugo procedeu a apuntalar despois de que os servizos técnicos do Concello de Lugo revisaran o desgaste da infraestrutura durante máis de 15 anos. "Decidiuse que era o momento de actuar antes de que o deterioro do muro continuase", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "coa reconstrucción integral desta estrutura aplicamos un gran número de melloras con respecto ao estado anterior deste muro". A actuación sae a licitación cun orzamento de 780.890,75€, e unha vez adxudicada terá un prazo de 10 meses para estar finalizada.

No proxecto contémplase a reducción das cotas existentes entre a rúa Frai Plácido Rei Lemos e o Parque de Rosalía. "Crearemos un percorrido accesible para toda a veciñanza creando unha rampa accesible pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz, que remate na rúa Cidade de Viveiro, conectando o barrio de Recatelo co Parque sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas as persoas", declarou o Tenente Alcalde.

A reconstrucción busca mellorar a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que busca eliminar a barreira arquitectónica que supón a diferencia de cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e a calidade estética da solución. A diferencia de alturas resolverase cunha solución máis orgánica e integrada que a actual, fuxindo da reconstrucción dun muro de gran altura que non dialoga coa contorna. "Realizarase un escalonamento do muro en distintos bancais, o que permitirá mellorar o impacto visual da estrutura", explicou Rubén Arroxo.

No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, proponse unha zona completamente axardinada, "creando unha nova zona verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor", afirmou Rubén Arroxo.

No segundo dos bancais proxéctase unha praza arbolada, plantexada como un pequeno espazo de descanso para a veciñanza. Este bancal permitirá dar unha imaxe máis orgánica ao conxunto ao mesmo tempo que consigue unha mellor integración do muro coa contorna e reduce o impacto paisaxístico.

A Xunta de Goberno inicia o proceso de contratación da reconstrucción do muro de Frai Plácido Rei Lemos