RUBÉN ARROXO AFIRMOU QUE “ESTA FASE REALIZARASE DURANTE O VERÁN PARA QUE ESTÉN LISTOS DE CARA AO INICIO DO VINDEIRO CURSO”

A área de Mobilidade inicia unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

Elevaranse os pasos de peóns do conservatorio, e dos colexios Cervantes, Fingoi 2 e Menéndez Pelayo

A área de Mobilidade inicia unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

Lugo, 21 de xullo de 2020. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou que nos vindeiros días se comezará cunha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade leva realizando durante o último ano. Segundo declarou Rubén Arroxo, “desde a área de Mobilidade seguimos traballando para ter un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza da contorna e das nenas e nenos que diariamente asisten aos colexios durante o curso”.

Nesta nova fase, elevaranse os pasos de peóns da ronda Xosé Castiñeira, xunto ao conservatorio, na avenida de Madrid, na contorna da escola de educación infantil Fingoi 2, en Serra de Outes e Alfredo Brañas, na contorna do colexio Menéndez Pelayo e na rúa Camiño de Pipin, diante do colexio Cervantes. Rubén Arroxo lembrou que “a intervención da rúa Camiño de Pipin é unha da demanda moi solicitada pola ANPA do colexio Cervantes debido á singularidade da rúa”.

“Nos vindeiros días eliminaranse os rebaixes necesarios para realizar a elevación do paso de peóns, que se construirán durante o vindeiro mes para que todo esté listo de cara ao inicio do curso”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “desde o goberno municipal queremos avanzar de cara a un Lugo no que os peóns sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

A área de Mobilidade inicia unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares