RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO ANUNCIARON HOXE A O COMEZO DO PROCESO PARA QUE O CONCELLO SEXA ADMITIDO COMO MEMBRO DO PADROADO DESTA FUNDACIÓN

A área de Cultura inicia os trámites para a entrada do Concello de Lugo no padroado da Fundación Uxío Novoneyra

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anunciaron hoxe a o comezo do proceso para que o Concello sexa admitido como membro do padroado desta Fundación

Neste ano cúmprense 25 anos do pasamento do poeta e 75 da publicación de "Os Eidos"

A área de Cultura inicia os trámites para a entrada do Concello de Lugo no padroado da Fundación Uxío Novoneyra

 

 

Lugo, 21 de xullo de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañados polo Vicepresidente da Deputación Efrén Castro e integrantes da Fundación Uxío Novoneyra, anunciaron o inicio do procedemento para a integración do Concello no Padroado desta Fundación, nun ano de especial significado para a entidade, ao conmemorar o 25 aniversario do pasamento do poeta do Courel e os 75 anos da publicación de "Os Eidos", a súa obra canónica.

 

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, salientou a importancia deste compromiso, e afirmou que "para Lugo é unha honra comezar a traballar para formar parte do Padroado da Fundación Uxío Novoneyra neste ano simbólico". "Uxío foi veciño desta cidade e o seu pensamento, a súa poesía e a súa relación coa cultura galega son referentes tamén para as e os lucenses", declarou Maite Ferreiro, que engadiu "reafirmamos o noso compromiso coa defensa e posta en valor do noso patrimonio literario e artístico e ampliamos a colaboración coa fundación, que xa vén sendo unha realidade a través de proxectos europeos, encontros literarios, exposicións e actividades educativas desenvolvidas nestes anos en Lugo".

 

Segundo Maite Ferreiro, con esta integración "Lugo reafírmase como cidade de cultura e de memoria viva, sumando esforzos coas principais institucións culturais do país para que a obra de Uxío Novoneyra continúe inspirando ás novas xeracións en Galiza e no mundo".

 

A Fundación Uxío Novoneyra, constituída en 2010 e declarada de interese cultural estatal dende 2012, propuxo ao Concello lucense formar parte desta nova etapa na que tamén se integrarán a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a cidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galiza, reforzando así o ecosistema institucional que dá soporte á conservación, promoción e difusión do legado do autor.

 

A área de Cultura inicia os trámites para a entrada do Concello de Lugo no padroado da Fundación Uxío Novoneyra