BRAIS VÁZQUEZ: “NON PODE SER QUE HAXA NENOS E NENAS QUE NON PARTICIPEN OU QUE O FAGAN EN PEORES CONDICIÓNS POLA SIMPLE FALTA DE RECURSOS HUMANOS”

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para reforzar os servizos de conciliación e garantir a inclusión das crianzas con necesidades especiais, ademáis doutras demandas

Brais Vázquez: “Non pode ser que haxa nenos e nenas que non participen ou que o fagan en peores condicións pola simple falta de recursos humanos”

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para reforzar os servizos de conciliación e garantir a inclusión das crianzas con necesidades especiais, ademáis doutras demandas


Monterroso, 3 de setembro de 2025. O Pleno do Concello de Monterroso aprobou por unanimidade a moción presentada polo concelleiro do BNG, Brais Vázquez, para ampliar o persoal nos programas de conciliación, lecer e actividades recreativas co obxectivo de dar unha resposta real ás nenas e nenos con necesidades especiais, discapacidade ou dificultades de integración.

Vázquez lembrou durante a súa intervención que a lexislación vixente establece a obriga das administracións de dotar estes programas de perfís profesionais especializados que garantan a igualdade de oportunidades. “Non pode ser que haxa nenos e nenas que non participen ou que o fagan en peores condicións pola simple falta de recursos humanos”, destacou.

O edil nacionalista celebrou a aprobación da moción porque supón un avance cara a un Monterroso máis inclusivo. “A integración non pode depender da sorte ou da boa vontade de quen organiza un campamento. É unha responsabilidade política e social garantir que todos os cativos e cativas teñan dereito a gozar das mesmas actividades que os seus compañeiros”, afirmou.

A iniciativa aprobada contempla que o Concello reserve prazas específicas nos programas municipais de conciliación e contrate persoal de apoio adicional. Ademais, cando estes servizos se externalicen, a empresa adxudicataria deberá contar obrigatoriamente con profesionais especializados.

No mesmo pleno, o BNG aproveitou para recordar o mal estado dalgunhas beirarrúas e o conseguinte risco para os peóns, instando ó seu arranxo ou a súa sinalización e tamén propuxo un Plan de Limpeza de Rúas público para, segundo manifesta o concelleiro Brais Vázquez, “poder establecer un orde e que non nos esquezamos de ningunha rúa”.

Brais Vázquez tamén aproveitou para mostrar a súa preocupación pola situación da aldea de Esporiz, onde os veciños levan días con problemas no alumeado público.

Aprobada a moción do BNG de Monterroso para reforzar os servizos de conciliación e garantir a inclusión das crianzas con necesidades especiais, ademáis doutras demandas