O BNG PIDE QUE SE ESTUDEN ALTERNATIVAS PARA APROVEITAR ESTE ESPAZO E QUE SEXAN MÁIS ÚTILES PARA AS PERSOAS USUARIAS

“Ao goberno sóbranlle 1,30 metros nas futuras prazas dos soterrados e non se enteran” dixo Rubén Arroxo

O voceiro do BNG explicou que “vanse facer prazas de 2,50 metros pero a distancia entre columnas é de 6,30 metros e non hai propostas para o espazo sobrante”

“Ao goberno sóbranlle 1,30 metros nas futuras prazas dos soterrados e non se enteran” dixo Rubén Arroxo
Lugo, 20 de abril de 2018. Tras a celebración da comisión de Asuntos Económicas na que se tratou a ampliación do tamaño das prazas dos aparcadoiro soterrados, o voceiro do BNG-AA valorou “ao goberno sóbranlle 1,30 metros nas futuras prazas dos soterrados e non se enteran”. Arroxo explicou “preguntamos, cunha gráfica, polo novo reparto dos espazos por que no documento que nos presentaron ignorábase que facendo ás prazas de 2,50 metros de ancho desperdícianse 1,30 metros de espazo”.

O BNG pide que se estuden alternativas para aproveitar este espazo e que sexan máis útiles para as persoas usuarias. “Este espazo poderíanse aproveitar para facer prazas máis anchas útiles para persoas con discapacidade, para o estacionamento de motocicletas, ou incluso crear prazas gratuítas para bicicletas ou outros vehículos de mobilidade persoal” afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo retomou a pizarra coa que fixo as contas, no pleno da corporación, dos 20.000 € que se gastan en pagar autobuses que dan voltas na rotonda da av. de Madrid, para explicar como é o reparto de espazo que propón o goberno municipal e cal é a realidade. A distancia entre columnas é de 6,30 metros e está ocupada por 3 prazas de 2,10 metros. Na proposta do goberno municipal as prazas definense cunha anchura de 2,50 metros pero non se considera que quedará un espazo de 1,30 metros e que se debería aproveitar.